Mellora de camiños municipais en Boborás co apoio da Unión Europea 2024/2025 en San Bartolomeu
Mellora de camiños municipais en Boborás co apoio da Unión Europea
O Concello de Boborás vén de executar o Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, consistente na reparación do firme de acceso a San Bartolomeu e na realización dun estudo integral da rede viaria municipal.
Este proxecto contou cun investimento total de 65.682,00 €, financiado ao 100% con fondos públicos, dos cales:
- O 75% procede do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader),
- O 7,5% do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación,
- E o 17,5% da Xunta de Galicia.
Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural
Este investimento en infraestruturas viarias municipais mellorou o acceso ás parcelas agrícolas, contribuíndo ao desenvolvemento, modernización e adaptación da agricultura local, favorecendo así a competitividade e a fixación de poboación no rural.





