Excursión á Ribeira Sacra
O Concello de Boborás organiza unha excursión a Ribeira Sacra para o 28 de setembro de 2019. 🏞
💴 O prezo por persoa é de 45 euros e inclúe os traslados, visitas, catamará e a comida do medio día.
📌 Prazas limitadas! Data límite de reserva e pago o 23 de setembro de 2019.
📌 Anótate no Concello de Boborás. Para máis información chama o teléfono 📞 988 402 008.
✅ Actividade organizada pola Concellería de Participación e Dinamización Cidadá.