O fallo do premio Antón Losada Diéguez que organiza tanto o Concello de Boborás como o do Carballiño coa colaboración da Deputación de Ourense , que xa vai pola súa XXXV edición e que se celebrou no edificio sociocultural “Manuel Chamoso Lamas” de Boborás ás 11.00 horas de hoxe deu co seguinte resultado.

CREACIÓN LITERARIA

Por parte dos membros do Xurado analízanse todas e cada unha das obras que se incluíron no campo de Creación Literaria e como resultado do estudo e deliberación resulta premiada por maioría o libro “Os días felices de Benvido Seixas” do autor Eduard Velasco e da editorial Xerais.

Neste caso o  xurado explica “Eduard Velasco que se revelou na literatura de noso con dous poemarios, estréase na narrativa cunha novela ben estruturada na que participan personaxes moi traballados e cun ton humorístico logrado, de agradecer no sistema literario galego. Os días felices de benvido Seixas evita as modas, e o autor decide contar as peripecias con frescura”.

INVESTIGACIÓN E ENSAIO

Neste caso tamén resulta premiada por maioría  tras un amplo debate a obra “Unha nación no munod. A razón resistente (1480-2010)” do autor Camilo Nogueira e da editorial Xerais, segunda vez que resulta premiado no Antón Losada Diéguez.

O xurado considerou que este ensaio de Camilo Nogueira é o derradeiro elo dunha triloxía adicada a Galicia como nación no mundo: unha interpretación suxestiva que se basea nun importante coñecemento e reflexión da Galicia dos últimos cinco séculos”

 

Cabe destacar que tanto nas modalidade de Creación Literaria como no de Investigación e Ensaio o xurado destacou a gran calidade das obras presentadas que foron de 17 e 19 respectivamente.

Ambas categorías están dotadas con 6.000 euros cada unha delas.

A entrega do premio será o vindeiro 7 de novembro de 2020 no Pazo de Moldes.

O xurado estivo composto nesta ocasión polas seguintes persoas:

PRESIDENTA:

– Dona Ana Patricia Torres Madureira, alcaldesa de Boborás

VOGAIS:

– Don Diego Fernández Nogueira, concelleiro de Cultura do Concello do Carballiño

– Don Luis González Tosar,  representante da Deputación de Ourense

–  Don Xosé Manuel Núñez Seixas, representante do Consello da Cultura Galega.

– Don Clodio González, representante da Real Academia Galega

– Don Xosé Fernández Salgado, representante da Universidade de Vigo

– Don Xosé Manuel Salgado Rodríguez, representante da Universidade de Santiago de Compostela.

– Don Manuel Ferreiro Fernández, representante da Universidade da Coruña

SECRETARIA:

  • Dona Carmen Janeiro Estévez, funcionara do Concello de Boborás

 

Non asiste Francisco Fariña Busto, representante do Museo do Pobo Galego, xustificando a súa ausencia.

Boborás, 03 de outubro de 2020