Os Concellos de Boborás e O Carballiño, así como a Deputación de Ourense, veñen de convocar unha nova edición do Premio Antón Losada Diéguez, que xa ten 35 anos de vida, consolidandose como un dos galardóns literarios máis prezados de Galicia no que se loa e lembra a figura do pensador, filósofo, escritor e guieiro da Xeración Nós; nacido nas terras de Moldes (Boborás).

Os interesados en participar deberán de mandar 9 exemplares das obras a presentar a dirección postal do Concello de Boborás (Rúa Cristóbal Colón 46 Boborás CP 32514, Ourense). Un dos requisitos principais e que sexa unha obra publicada en galego durante o ano 2019. As categorías son Investigación e Ensaio con 6.000 euros de premio e Creación Literaria, tamén con 6.000 euros.

O fallo do premio será o 25 de abril de 2020 no Concello de Boborás, e a entrega do mesmo o 13 de xuño do mesmo ano.

Consulta aquí as bases do premio.