O Concello de Boborás informa da nova convocatoria para a obtención das Comptencias Clave, preciso para poder acceder a certos curso como o de Atención Sociosanitaria.

 

  • OBXECTO:

Son probas de avaliación en competencia clave para ó acceso as accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN:

Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3 e nas seguintes competencias claves:

  1. Comunicación en lingua galega.
  2. Comunicación en lingua castelá.
  3. Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
  4. Competencia matemática.

 

Prazo de presentación das solicitudes:  Desde o 27 de febreiro ata o 23 de marzo de 2018.

 

LUGAR E HORARIOS DAS PROBAS DE AVALIACIÓN:

 

Para máis información pódese consultar a resolución do 16 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral DOG Nº40 páxinas 11659 e seguintes ou pedir información na casa do Concello ou achegarche ao Concello de Boborás ou chamar ao teléfono 988402008 preguntando por Rocío.