Category: turismo
Boborás acollerá a Copa de España de Mushing Tierra 2018

O Concello de Boborás será o lugar no que se celebre a Copa de España de Mushing Tierra 2018. Este deporte de inverno no que participan persoas e cans deportistas terá a súa competición aquí o 8 de decembro de 2018.

O circuito será nas pistas do entorno do depósito da auga de Boborás, e haberá diferentes modalidades de competición:

Un deporte de inverno no que os deportistas compiten cos seus cans en diferentes modalidades.

As inscricións poden facerse a través deste enlace: https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/index.php?id=7640

Se non podes participar, si podes disfrutar deste espectáculo deportivo!!!! Anímate!!XI MUSHING DE BOBORÁS - COPA DE ESPAÑA - Inscríbete

II EDICIÓN DA FESTA “A BATALLA. 1809” EN PAZOS DE ARENTEIRO

O Concello de Boborás e a Asociación Cultural A Batalla organizan a 2ª edición da festa de recreación histórica “A Batalla. 1809” que recrea os feitos acontencidos o 2 de marzo de 1809 cando 300 valerosos autóctonos capitaneados por Cachamuiña se enfrentaron contra 1000 soldados do exército francés de Napoléon na Ponte da Cruz, evitando o avance das mesmas. A cita será o 18 e 19 de agosto en Pazos de Arenteiro, no término municipal de Boborás.

Tralo éxito do ano pasado, nesta ocasión os voluntarios preparan con ansia esta segunda edición na que se estrearán os traxes dos soldados recreando o do rexementos do 66, un dos que se atopaba en Ourense no momento do enfrentamento. Así mesmo, os galegos tamén lucirán as vestimentas da época.

Ademais coma o ano pasado as esceas feitas polos propios voluntarios, que suman 80 persoas,  sorprenderán a todos os asistentes, completando un programa cheo de actividades.

Ven e víveo!!

Boborás e a Deputación de Ourense presentan os “Venres Interpretados” en Pazos de Arenteiro

O municipio de Boborás prepárase para acoller os “Venres interpretados”, unha iniciativa coa que da a coñecer os lugares máis emblemáticas da zona antiga de Pazos de Arenteiro, como a igrexa, a casa reitoral, os pazos, e outros lugares destacados, a través dun total de 11 visitas interpretadas. A presentación desta proposta cultural tivo lugar o día 26 de xuño no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres; e a representante de “Plan B”, entidade organizadora da actividade, Sonia Buján.

A Deputación de Ourense colabora con esta iniciativa cultural que “pon en valor e da a coñecer o noso patrimonio, tanto aos turistas coma aos propios veciños, para que a través do teatro, poidan descubrir os lugares máis emblemáticos da zona antiga desta aldea”, explicou Rosendo Fernández.

O lema desta edición é “Saca o artista que levas dentro” e as visitas comezarán o 29 de xuño, e repetiranse tódolos venres ata o día 7 de setembro, ás 22.00 horas, para aproveitar a escuridade para unha mellor ambientación da trama. Nas visitas, cunha duración aproximada dunha hora, participarán catro actores que irán saíndo ao encontro dos participantes, creando unha atmosfera de misterio na que, chegado o momento, o grupo terá que implicarse na procura de descifrar un feito esencial relacionado co evento.

“A sorpresa é parte do atractivo desta actividade coa que se destaca o valor dos lugares de tanta riqueza patrimonial desde o punto de vista lúdico”, explicou Sonia Buján, afirmando que facer estas visitas por medio da interpretación “permite chegar a máis xente”.

A concelleira de Cultura e Turismo de Boborás agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense para poder desenvolver esta iniciativa, e salientou o éxito que está a ter esta proposta cultural tanto con veciños do municipio e da contorna como por parte de turistas” posto que no ano 2017 esta iniciativa acolleu 700 participantes.

Os interesados en participar nestas visitas, que son de balde e para tódolos públicos, deberán realizar a súa reserva a través dos números de teléfono: 645865080 ou 619442622. O aforo de cada visita está limitado a 30 participantes por sesión, “co obxectivo de que todos poidan gozar da actividade ao cen por cen”, sinalou Sonia Buján.

ENTROIDO CONCELLO DE BOBORÁS 2018

O Concello de Boborás terá o 10 de febreiro a partir das 19.00 hora unha gran festa na praza ubicada detrás do concello, que estará amenizada polo grupo IMPERIO. Ademais para todos os asistentes haberá chocolate con churros, e para os máis pequenos hinchable, obradoiro de maquillaxe e agasallos.

O luns 12 de febreiro correranse os Rodos en Pazos de Arenteiro. O punto de encontro será o bar A Ponte ás 21.30 horas. O remata haberá uns pinchos gratuítos para os asistentes, así que preparade os vosos rodos.

 

Animadevos a participar. Totalmente gratuíto.

 

Máis información: cultura@boboras.gal ou 988402008.

O Nadal en Boborás!!!!

Ei que chega o Nadal a Boborás!!! Vamos a recibilo con moitas actividades para os nenos e nenas, e algúns máis grandes.

O 21 actuará o mago Le Grande Martin no cole de Boborás e logo os nenos do centro recibirán a visita de Papa Noel.

Os días 22/26/27/28 e 29 de decembro haberá campamento de Nadal de 9.00 a 14.30 horas ao igual que os días 2/3/4 e 5 de xaneiro de 2018.

O 27 de decembro visitaremos Pazolandia.

O 5 de xaneiro virán as súas maxestades os Tres Reis Magos de Oriente a visitar o Fogar Residencial Blanco Amor de Brués ás 10.30 horas e as 12.00 estarán no salón de Plenos do Concello para escoitar as peticións dos máis cativos do noso concello.

 

Boborás sinaliza parte dos recursos turísticos do concello

O Concello de Boborás colocou un total de 89 elementos de sinalización turística que facilitan información na metade do municipio. Trátase dunha primeira fase cunha inversión de 52.223 euros, dos que Turismo aporta o 80% e o Concello o 20% restante, e que terá continuidade noutra anualidade ata completar todo o territorio. A portavoz do grupo de goberno, Patricia Torres, declaraba que con estas señais persiguese poñer en valor os recursos patrimoniais e naturais, facilitando información aos turistas, e o mesmo tempo orientando as súas visitas aos lugares de interese, en moitos casos dende a N-541, que era algo que viñan demandando, fundamentalmente os clientes das cincos casas de turismo rural dispoñibles.

Sete destas señais son atrís interpretativos e xa están instalados en Pazos de Arenteiro, Ponte do Santo Sepulcro, Igrexa de San Xoan de Laxas, Igrexa de San Martiño de Cameixa, Igrexa de San Mamede de Moldes, Igrexa de Santa María de Xuvencos e no Castro de Xurenzás.

Ademais, instalaronse 12 señais de madeira, 69 metálicas e un plano detallado na Almuzara para poder realizar as visitas sen guía.

Para a execución deste proxecto, o Concello contou coas autorizacións favorables da Deputación, Medio Ambiente, do Ministerio de Fomento e tamén de Patrimonio, que esixiu que a información contida fose facilitada por historiadores, para o que se contou cos membros do Centro de Estudios Chamoso Lamas, que habitualmente colaboran co Concello con as como os “Roteiros Culturais polas parroquias”.

Desta forma, en cada igrexa aportase a información histórica e sobre a súa estrutura e arte, e tamén camiños reais e castros. A aldea de Pazos de Arentiero, declarada Conxunto Histórico- Artístico ca categoría de Monumento Nacional dende 1973 , é outro dos lugares sinalizados, ademáis de Moldes, Cameixa, Laxas, Almuzara e Brués.

15º Roteiro Cultural: Molín, un ano despois

O Concello de Boborás continúa co programa de Roteiros Culturais para este 2017, co apoio económico da Deputación de Ourense e a través do Centro de Estudio Chamoso Lamas, e para rematar o programa para este ano toca o 5 de novembro a visita a Molín, na que ademais de ver o seu rico patrimonio arqueolóxico e mineiros veremos como se recupera tralo incendio que sufrio en setembro de 2016.

Os/as interesados/as deberán de estar ás 9.30 horas no punto de encontro, neste caso é a Igrexa de Brués.  É importanteg levar calzado cómodo, auga e algunha froita.

Duración aproximada: 4 horas.

Abride ben os ollos, e descubride os tesouros do noso Concello!!

14º Roteiro Cultural: Parroquia de Astureses

O Concello de Boborás continúa co programa de Roteiros Culturais para este 2017, co apoio económico da Deputación de Ourense e a través do Centro de Estudio Chamoso Lamas, e para seguir este mes de outubro a parroquia a visitar é a de Astureses o día 15.

Os/as interesados/as deberán de estar ás 9.30 horas no punto de encontro, neste caso é a Capela da Saleta..  É importante levar calzado cómodo, auga e algunha froita.

Duración aproximada: 4 horas.

 

Abride ben os ollos, e descubride os tesouros do noso Concello!!

 

Outono Xoven
Novas actividades agora que comeza o outono!! II Xornadas Micolóxicas que se farán no Concello de Boborás con saídas ao monte. Curso de fotografía de Outono, vamos a sacar a cámara e aprender a mellor maneira de fotografar eses escenarios e paisaxes tan bucólicos cas cores tan características desta estación do ano. E para rematar faremos un curso de fotografía nocturna no lugar da Fenteira, espazo no que poderemos observa o ceo en todo o seu esplendor. Anímate a participar. Son actividades gratuítas e financiadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Voluntario e Participación da Consellería de Política Social.
Máis información no 988402008 e no correo cultura@boboras.org!!
VII Ruta MTB BIKE&TRAIL Os Mosqueteiros

Os días 7 e 8 de outubro celebrarase novamento unha edición da xa tradicional cita deportiva que organiza a Asociación Deportiva “Os Mosqueteiros” e para non varias o 80 por centro do percorrido transcorre polas terras de Boborás. Que terán as nosas vistas, os nosos paraxes, os nosos camiños….que ano tras ano repiten.

Anotádevos en