Category: servicios sociais
Axudas para material escolar do Concello de Boborás curso 2019/2020

O Concello de Boborás abre o prazo de solicitude das axudas de material escolar para o curso 2019/2020. O prazo para solicitudes remata o 17 de outubro de 2019.  A continuación veñen detalladas as bases reguladoras, para calquera dúbida pode consultar nas oficinas do concello ou no teléfono de contacto 988 402 008.

PREME EN SOLICITUDE PARA OBTER OS FORMULARIOS:

SOLICITUDE

Bases reguladoras que rexerán a convocatoria das axudas para adquisición de material escolar do alumnado de educación infantil, primaria e secundaria para o curso académico 2019/20.

 

PRIMEIRA: Obxecto da convocatoria.

As axudas convocadas mediante as presentes bases, teñen como obxecto o cofinanzamento de material escolar dos alumnos que cursen educación infantil, primaria e secundaria.

Concíbense como un apoio ás familias empadroadas no Concello de Boborás con dificultades socioeconómicas que dificulten a correcta escolarización dos alumnos.

SEGUNDA: Orzamento.

O orzamento dispoñible para a concesión das axudas, ascende á cantidade de 1.166,66 €. No caso de que a demanda supere o orzamento dispoñible, priorizarase a concesión segundo a puntuación obtida despois da correspondente baremación, ata esgotar o orzamento.

TERCEIRA: Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias as familias que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Estar empadroados todos os membros da unidade familiar (pai e/ou nai e fillo para o que se solicitan as axudas) no Concello de Boborás.
  2. Ter fillos matriculados para o curso escolar 2019/2020 en educación infantil, primaria ou secundaria. No caso de educación infantil e primaria, será requisito indispensable que se atopen matriculados no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, exceptuando ós alumnos dos lugares de Astureses que teñen asignados os centros educativos de O Carballiño.
  3. Que a renda per cápita anual non supere uns ingresos netos de 6.000 €. Computaranse os ingresos de todos os membros da unidade familiar. A estes efectos, enténdese por unidade familiar os pais dos menores escolarizados así como todos os descendentes e ascendentes que convivan no mesmo domicilio.

Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2018 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2018:

– Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible de aforro.

– Deste resultado restarase a cota líquida resultante da auto liquidación.

Segundo isto, a renda familiar para os efectos da auto declaración é o resultado de facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

Casiña 435+ casiña 460-casiña 595

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

Se solicitado o borrador na AEAT esta unicamente comunica os datos fiscais, e polo tanto non o remite, para determinar a renda dos membros computables que obteñan ingresos propios seguirase o procedemento descrito no punto primeiro e do resultado restaranse os gastos deducibles e as retencións ou pagamentos á conta efectuados.

Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar

– Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:

-Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente- que é o habitual- ou ben, da declaración conxunta.

-Unidades familiares nas que ambos cónxuxes , ou calquera outro integrantes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis importe que resulte, para o outro integrante da unidade familiar, dos datos do borrador doo IRPF agás os datos que figuren na casiña 537 correspondente á cota resultante da auto liquidación, dado que o contribuínte non presentou a declaración polo IRPF. No caso de que un dos membros en vez de borrador dispoña dun certificado de imputación de rendas, para realizar o cálculo dos seus ingresos deberá sumar os rendementos íntegros e restar os gastos deducibles e as retencións ou pagamentos a conta efectuados.

-Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita á tributación no IRPF. Nestes supostos ,os interesados deberán consignar os datos do borrador do IRPF ou no seu caso os datos que figuren no certificado de imputación de rendas do mesmo xeito que no apartado anterior.

  1. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.
  2. Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita da unidade familiar.

CUARTA: Contía das axudas.

  • Alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario
  • Alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario
  • Alumnos de secundaria: 110 euros por beneficiario

Estas axudas serán incompatibles con calquera outra axuda solicitada para o mesmo concepto (material escolar en outras Administracións).

QUINTA: Solicitude e documentación.

As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Concello de Boborás ou segundo o establecido no artigo 16 da lei 39/2015, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Acompañaranse da seguinte documentación:

  1. Fotocopia do DNI do/a solicitante, pasaporte ou NIE.
  2. Fotocopia do Libro de Familia.
  3. Certificado de convivencia.
  4. Acreditación da situación económica e laboral de todos os membros da unidade de convivencia: declaración da renda do 2018. No caso de non estar obrigado a presentala, requerirase o certificado negativo de Facenda e os xustificantes que acrediten os ingresos (certificado do INEM sobre as prestacións de desemprego, certificado de pensións, convenio regulador, de ser o caso, ou calquera outro documento que acredite ingresos). De non poder acreditar documentalmente a situación económica, será preciso a presentación de Declaración xurada.
  5. Informe de vida laboral para os membros da unidade familiar en idade laboral.
  6. Tarxeta de demandante de emprego, de ser o caso.
  7. Fotocopia do certificado do grao de discapacidade e/ou valoración de dependencia, de ser o caso.
  8. Certificado do centro educativo que acredite a matrícula e o nivel escolar que cursa o alumno.
  9. Certificado do número de conta.
  10. Facturas acreditativas do gasto en material escolar no caso de que éste xa fose realizado.

SEXTA:TRIBUNAL DE VALORACIÓN

Será designado polo alcalde e terá a seguinte composición:

– Presidente: A traballadora social do Concello.

-Secretario: Un funcionario   da Corporación, persoal laboral fixo da Corporación , habilitado de carácter nacional. ou da Deputación de Ourense designados pola Alcaldía.

-3 vogais: funcionarios ou traballadores do Concello, ou habilitado de carácter nacional. ou da Deputación de Ourense designados pola Alcaldía.

SÉTIMA: Procedemento.

Unha vez presentadas as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio recollido no artigo 16 da lei 39/2015, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, procederase á valoración por parte do Tribunal da documentación presentada e a posterior baremación para establecer unha orde de prioridade, no caso de que sexa preciso. De existir expedientes coa mesma puntuación e esgotar o crédito dispoñible, terá prioridade o que posúa unha menor renda.

O órgano competente para a instrución será a Concelleira de Educación.

O órgano competente para resolver a concesión ou denegación será a Alcaldesa-Presidenta, en base á proposta do Tribunal de Valoración unha vez realizada a avaliación e baremación.

Comunicarase a resolución á persoa interesada no prazo dunha semana.

OITAVA: Criterios de avaliación e baremo.

Terán se en conta os seguintes factores para determinar unha puntuación segundo o maior grao de necesidade:

  1. Situación socioeconómica:
  • Familia na que o sustentador principal se atope en situación de desemprego: 5puntos.
  • Familia numerosa: 5 puntos.
  • Familia monoparental: 3puntos.
  • Familia na que algún membro teña recoñecido o grao de discapacidade e/ou valoración de dependencia: 3 puntos.
  • Familia na que o sustentador principal sexa vítima de violencia de xénero: 5puntos.
  1. Factores sociais:
  • Familia incluída no Programa de Educación Familiar: 5 puntos.
  • Familia beneficiaria de RISGA: 5 puntos.

 

NOVENA: Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo será de un mes a partir do día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

DÉCIMA: Xustificación e pago das axudas.

Procederase ó pago da axuda concedida unha vez sexa presentada a factura ou facturas oficiais correspondentes ós gastos en material escolar. A data límite para a presentación de facturas será o 16 de decembro de 2019.

 

 

Axudas para emprendedores do rural

A Deputación de Ourense pon en marcha axudas para proxectos empresariais e de autoemprego en concellos rurais de menos poboación, financiado polo programa operativo de emprego xuvenil do fondo social europeo (axudas EMP-POEJ).

Desta maneira poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas que, a partir do 8 de xaneiro de 2019, desenvolvan actividades empresarias ou profesionais por conta propia dentro do municipio de Boborás e deberán cumplir os seguintes requisitos:

  1. Ser maior dos 16 anos e menos de 30 anos de idade.
  2. Estar inscrito no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  3. Ter nacionalidade española ou ser cidadán da Unión Europea ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou de Suíza.
  4. Estar dado de alta no Padrón Municipal de Habitantes do Concello de Boborás.
  5. Non ter traballado, nin recibido accións educativas e formartivas no día natural anterior o inicio da actividade subvencionada.
  6. Estar dado/a de alta na Seguridade Social, en calquera réxime para o exercicio de actividades por conta propia.

 

A CONTÍA: A subvención consistirá nunha axuda económica equivalente ao 75% do salario mínimo interprofesional por cada mes de exercicio efectivo de actividade subvencionada, é decir 675 €, cun mínimo de 6 meses e un máximo de 12 meses.

Podedes consultar a seguinte web para obter máis información www.emprendou.com ou polo propio Concello.

 

 

Excursión ao parque de atraccións Magikland o 30 de agosto

Excursión ao parque de atraccións de MAGIKLAND en Portugal que organiza o noso Concello para o día 30 de agosto, con volta o mesmo día. A saída será ás 8.30 horas dende o cole de Boborás.

Reserva e pago de prazas antes do 23 de agosto.

Os/as menores deben ir acompañados/as dun/ha adulto.

Para comer hai alí sitios dentro do mesmo parque, pero tamén cada un pode levar a súa propia comida habendo sitios habilitados para iso.

O Concello faise cargo do transporte e do seguro, e cada participante ten que facerse cargo da súa entrada.

Así as tarifas son:

– ata 4 anos: gratis

-de 5 a 12 anos: 9 €

– de 13 a 64 anos: 13,10 €

– de 65 en adiante: 9 €

Inscricións e máis información no concello e no 988 402 008

Descarga aquí a  ficha de inscricion Magikland.

 

 

 

Obradoiros para o fomento da igualdade para nenos e nenas de Infantil e Primaria

O proxecto de obradoiros coeducativos é un programa coeducativo para o alumnado de infantil e primaria do Concello de Boborás que está composto por 9 obradoiros co obxecto de erradicar os estereotipos e a violencia de xénero e de promover a Igualdade e a resolución pacífica de conflitos.
Esta proposta pedagóxica coeducativa contén actividades que promoven a creatividade, oaprendizaxe cooperativo, a capacidade comunicativa, a actitude crítica e a educación para a paz libre de estereotipos, mediante o emprego das metodoloxías educativas máis innovadoras como o teatro, as TIC´S e o aprendizaxe cooperativo.

Do mesmo xeito, a proposta pedagóxica coeducativa promove a creatividade, a comunicación e a interpretación, mediante o emprego de metodoloxías educativas innovadoras como o teatro, a música, o baile, as TIC´S e o aprendizaxe cooperativo.

PROGRAMA 1:

Actividades coeducativas para alumnado de infantil e primaria para traballar os estereotipos de xénero, a corresponsabilidade, a visualización das mulleres da súa contorna e a coeducación emocional.

5 de agosto. Fóra estereotipos: neste día traballaranse actividades coeducativas deseñadas para o alumnado de infantil e de primaria co fin de erradicar os estereotipos de xénero entre o alumnado.

5 de agosto: A colaborar no fogar: neste día traballaranse actividades coeducativas diferenciadas entre infantil e primaria para traballar a corresponsabilidade no fogar.

6 de agosto: As mulleres da miña contorna: actividade para visibilizar a vida das mulleres da súa contorna e visualizar os avances acadados neste momento o cal rematará cun collage das mulleres do concello.

6 de agosto. As nosas emocións e conflitos: mediante actividades de coeducación emocional para o alumnado de infantil e de primaria aprenderán a xestionar as emocións, así como a resolver os seus primeiros conflitos de maneira pacífica.

7 de agosto. Contacontos e teatro fronte a violencia de xénero: mediante improvisacións teatrais traballaranse situacións de conflito e de violencia de xénero que no caso de infantil se pautarán a través de contacontos.

 

PROGRAMA 2.

Desenvolveranse catro obradoiros co obxecto de erradicar estereotipos e previr a violencia de xénero ao tempo que se promove a igualdade e a resolución pacífica de conflitos.

8 de agosto. Cine coeducativo: mediante a visualización dunha película traballarase co alumnado a prevención da violencia de xénero nas parellas e pautaranse formas de relacións saudables.

9 de agosto. Baile coeducativo: o alumnado escoitará diferentes cancións que promoven ou ben a igualdade ou a violencia de xénero. Acto seguido escollerase unha canción que promova a igualdade e prepararase unha coreografía grupal.

12 de agosto. Teatro coeducativo: o alumnado interpretará diferentes improvisacións onde se amosarán formas saudables de parella, de resolución de conflitos e formas de violencia de xénero que o alumnado terá que identificar e analizar.

13 agosto: Radio Coeducativa: o alumnado asistente ao programa Concilia elaborará un programa de radio para promover a Igualdade con noticias, tertulia e presentación en directo.

 

Estas actividades son financiadas pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia,  a través da Secretaria Xeral de Igualdade,  e do Goberno de España, por medio do Minsiterio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade.

 

Axudas para adquirir vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes para menores de 35 anos.

Os menores de 35 anos que adquiran a súa vivenda en Concellos de menos de 5.000 habitantes, como é o caso de Boborás, poden solicitar axudas de ata 10.800 euros para dito fin.
Para máis información:
? 988.402.008 (Oficinas do Concello)

Neste enlace podedes descargar a orde: 
https://www.xunta.gal/…/201…/AnuncioC3Q2-181218-0001_gl.html

 

Axudas para material escolar do Concello de Boborás

O Concello de Boborás abre o prazo de solicitude das axudas de material escolar ata o 15/12/2018. A continuación veñen detalladas as bases reguladoras, para calquera dúbida pode consultar nas oficinas do concello ou no teléfono de contacto 988 402 008.

PREME EN SOLICITUDE PARA OBTER OS FORMULARIOS:

SOLICITUDE

Bases reguladoras que rexerán a convocatoria das axudas para adquisición de material escolar do alumnado de educación infantil, primaria e secundaria para o curso académico 2018/19.

 

PRIMEIRA: Obxecto da convocatoria.

As axudas convocadas mediante as presentes bases, teñen como obxecto o cofinanciamento de material escolar dos alumnos que cursen educación infantil, primaria e secundaria.

Concíbense como un apoio ás familias empadroadas no Concello de Boborás con dificultades socioeconómicas que dificulten a correcta escolarización dos alumnos.

 

SEGUNDA: Orzamento.

O orzamento dispoñible para a concesión das axudas, ascende á cantidade de 1.166,66 €. No caso de que a demanda supere o orzamento dispoñible, priorizarase a concesión segundo a puntuación obtida despois da correspondente baremación, ata esgotar o orzamento.

 

TERCEIRA: Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias as familias que cumplan os seguintes requisitos:

  1. Estar empadroados todos os membros da unidade familiar (pai e/ou nai e fillo para o que se solicitan as axudas) no Concello de Boborás.
  2. Ter fillos matriculados para o curso escolar 2018/19 en educación infantil, primaria ou secundaria. No caso de educación infantil e primaria, será requisito indispensable que se atopen matriculados no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, exceptuando ós alumnos dos lugares de Astureses que  teñen asignados os centros educativos de O Carballiño.
  3. Que a renda per cápita anual non supere uns ingresos netos de 6.000 €. Computaranse os ingresos de todos os membros da unidade familiar. A estes efectos, enténdese por unidade familiar os pais dos menores escolarizados así como todos os descendentes e ascendentes que convivan no mesmo domicilio.

Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2017 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

A renda neta per càpita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2017:

– Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible de aforro.

– Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.

Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado de facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

casiña 392+ casiña 405-casiña 537

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

Se solicitado o borrador na AEAT esta unicamente comunica os datos fiscais, e polo tanto non o remite, para determinar a renda dos  membros computables que obteñan ingresos propios seguirase o procedemento descrito no punto primeiro e do resultado restaranse os gastos deducibles e as retencións ou pagamentos á conta efectuados.

 

Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar

– Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:

-Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente- que é o habitual- ou ben, da declaración conxunta.

-Unidades familiares nas que ambos cónxuxes , ou calquera outro integrantes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis importe que resulte, para o outro integrante da unidade familiar, dos datos do borrador doo IRPF agás os datos que figuren na casiña 537 correspondente á cota resultante da autoliquidación, dado que o contribuinte non presentou a declaración polo IRPF. No caso de que un dos membros en vez de borrador dispoña dun certificado de imputación de rendas, para realizar o cálculo dos seus ingresos deberá sumar os rendementos íntegros e restar os gastos deducibles e as retencións ou pagamentos a conta efectuados.

-Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita á tributación no IRPF. Nestes supostos ,os interesados deberán consignar os datos do borrador do IRPF ou no seu caso os datos que figuren no certificado de imputación de rendas do mesmo xeito que no apartado anterior.

  1. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

 

  1. Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita da unidade familiar.

 

CUARTA: Contía das axudas.

  • Alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario
  • Alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario
  • Alumnos de secundaria: 110 euros por beneficiario

 

Estas axudas serán incompatibles con calquera outra axuda solicitada para o mesmo concepto (material escolar en outras Administracións).

 

QUINTA: Solicitude e documentación.

As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Concello de Boborás ou segundo o establecido no artigo 16 da ley 39/2015, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Acompañaranse da seguinte documentación:

  1. Fotocopia do DNI do/a solicitante, pasaporte ou NIE.
  2. Fotocopia do Libro de Familia.
  3. Certificado de convivencia.
  4. Acreditación da situación económica e laboral de todos os membros da unidade de convivencia: declaración da renda do 2017. No caso de non estar obrigado a presentala, requerirase o certificado negativo de Facenda e os xustificantes que acrediten os ingresos (certificado do INEM sobre as prestacións de desemprego, certificado de pensións, convenio regulador, de ser o caso, ou calquera outro documento que acredite ingresos). De non poder acreditar documentalmente a situación económica, será preciso a presentación de Declaración xurada.
  5. Informe de vida laboral para os membros da unidade familiar en idade laboral.
  6. Tarxeta de demandante de emprego, de ser o caso.
  7. Fotocopia do certificado do grao de discapacidade e/ou valoración de dependencia, de ser o caso.
  8. Certificado do centro educativo que acredite a matrícula e o nivel escolar que cursa o alumno.
  9. Certificado do número de conta.
  10. Facturas acreditativas do gasto en material escolar no caso de que éste xa fose realizado.

 

SEXTA:TRIBUNAL DE VALORACIÓN

Será designado polo alcalde e terá a seguinte composición:

– Presidente: A traballadora social do Concello.

-Secretario: Un funcionario   da Corporación, persoal laboral fixo da Corporación , habilitado de carácter nacional.ou da Deputación de Ourense designados pola Alcaldía.

-3 vogais: funcionarios ou traballadores do Concello,ou habilitado de carácter nacional. ou da Deputación de Ourense designados pola Alcaldía.

 

SÉTIMA: Procedemento.

Unha vez presentadas as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio recollido no artigo 16 da ley 39/2015, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, procederase á valoración por parte do Tribunal  da documentación presentada e a posterior baremación para establecer unha orde de prioridade, no caso de que sexa preciso. De existir expedientes coa mesma puntuación e esgotar o crédito dispoñible, terá prioridade o que posúa unha menor renda.

O órgano competente para a instrucción será a Concelleira de Cultura.

O órgano competente para resolver a concesión ou denegación será o Alcalde-presidente, en base á proposta do Tribunal de Valoración unha vez realizada a avaliación e baremación.

Comunicarase a resolución á persoa interesada no prazo dunha semana.

 

OITAVA: Criterios de avaliación e baremo.

Teránse en conta os seguintes factores para determinar unha puntuación segundo o maior grao de necesidade:

  1. Situación socioeconómica:
  • Familia na que o sustentador principal se atope en situación de desemprego: 5 puntos.
  • Familia numerosa: 5 puntos.
  • Familia monoparental: 3puntos.
  • Familia na que algún membro teña recoñecido o grao de discapacidade e/ou valoración de dependencia: 3puntos.
  • Familia na que o sustentador principal sexa víctima de violencia de xénero: 5puntos.
  1. Factores sociais:
  • Familia incluída no Programa de Educación Familiar: 5puntos.
  • Familia beneficiaria de RISGA: 5 puntos.

 

NOVENA: Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo será de un mes a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

 

DÉCIMA: Xustificación e pago das axudas.

Procederase ó pago da axuda concedida unha vez sexa presentada a factura ou facturas oficiais correspondentes ós gastos en material escolar. A data límite para a presentación de facturas será o 15 de decembro de 2018.

 

Aberta inscrición para o Programa de Conciliación Laboral

O Concello de Boborás pon novamente por terceiro ano consecutivo o programa de Conciliación Laboral en apoio o horario escolar. Os horarios no mes de setembro serán das 7.15 horas ás 9.15 horas da mañá, e de 14.15 horas ás 18.00 horas. A partir do mes de outubro serán de 7.15 a 9.30 horas e pola tarde de 16.00 a 20.30 horas.

Inscrición aberta durante todo o curso. Servizo gratuito para as familias, financiado polo Concello de Boborás e a Deputación de Ourense.

 

Para máis información chamar ao 988402008.

 

Pincha aquí para descargar a ficha de inscrición:

Inscric. Conciliación Boborás 18-19

Campamento de Verán 2018

Como tódolos anos o Concello de Boborás pon en marcha o seu campamento de verán, que ademais comeza nada máis rematar o cole e acaba o venres anterior ao comezo deste. Trátase dunha pequena axuda á conciliación das familias e para que os nenos e as nenas pasen un verán divertido e cheo de actividades. Tamén sabemos que é importante que os nenos e as nenas descansen, e pasen tempo coas familias, e neste sentido invitamoslas tamén a que aproveiten este periodo vacacional para estar cos pequenos e pequenas da casa.

Os nenos e as nenas que están no cole levarán nestos días a ficha na mochila, mentres que os demáis poderán facer a inscrición no propio Concello.

O campamento é para nenos e nenas empadroados/as, escolarizados/as en Boborás e aqueles/as que pasen as súas vacacións nas casas dos seus familiares neste municipio.

Podedes descargar as fichas de inscrición aquí:

FICHACAMPAMENTO

DEREITOS DE IMAXE (1)

RECOLLIDA (1)

 

 

Para máis información chamar ao teléfono 988402008.

SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA EN GALICIA DAS PERSONAS GALEGAS RETORNADAS E DOS SEUS DESCENDENTES PARA O ANO 2018

O Concello de Boborás informa sobre as SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA EN GALICIA DAS PERSONAS GALEGAS RETORNADAS E DOS SEUS DESCENDENTES PARA O ANO 2018 (Resolución do 21 marzo de 2018 da Secretaría Xeral da Emigración).

 

Obxecto:

Subvencionar os gastos que supón establecerse como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado. Nesta resolución recóllense as bases que regularán o procedemento de concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade aurónoma galega.

 

Persoas beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

  1. Persoas galegas nacidas en Galicia.
  2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes das persoas galegas nacidas e nacidas en Galicia ata o segundo grao de consanguinidade incluído.
  3. As persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior convocadas pola Secretaría Xeral de Emigración.

 

Requisitos:

  • Requisitos comúns (todas as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude):
    • Acreditar a condición de persoa beneficiaria recollida no apartado anterior.
    • Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
    • Non ter transcorrido máis de 2 anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude de axuda.
    • Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Non ter sido beneficiario desta axuda para a mesma actividade en anteriores convocatorias.
    • Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións enumeradas la Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

Requisitos específicos:

  1. Requisitos para persoas traballadoras autónomas ou por conta propia :
  2. Ser titular dun negocio ou explotación ou formar parte dunha sociedade civil ou comunidade de bens. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
  3. Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do Colexio profesional que corresponda dentro dos 2 anos anteriores de retorno a España, e en todo caso antes da presentación da solicitude.
  4. Requisitos para persoas socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado:
  5. As entidades deberán estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais de Galicia ou no Rexistro de Cooperativas de Galicia.
  6. Afiliación da entidade na Seguridade Social e de cada unha das súas persoas traballadoras no período de 2 anos anteriores de retorno a España.
  7. Quedan excluídas as persoas socias de sociedades mercantís e os autónomos colaboradores.

Serán gastos subvencionables, entre outros, os gastos de establecemento relacionados coa actividade tales como gastos de notaría e rexistro, cursos técnicos específicos, subscricións, cotas y participación, cotas de participación en asociacións empresariais e profesionais (legais, asesoría, xestoría, consultoría, enxeñería, arquitectura…), servizo de prevención alleo do local e de seguridade, tributos, licenzas administrativas, gastos derivados deseño, subministración de servizos imputables ó desenvolvemento da actividade (calefacción, auga, gas…) xerados no período desde os 3 meses anteriores á alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda ata ó 31 de outubro de 2018 (prazo de xustificación). Quedan excluídos de gastos subvencionables os impuestos indirectos cando sexan suceptibles de reucuperación ou compensación e os impuestos persoais sobre a renda.

En ningún caso son gastos subvencionables a fianza do alugamento, os avais bancarios, as cotas da Seguridade Social ou da mutualidade correspondente, os gastos de  combustible de vehículos de motor e gastos de representación.

 

Contía máxima da subvención:

O importe da subvención concedida será o 80% dos gastos subvencionables estimados no orzamento presentado que correspondan á persoa solicitante en función da súa porcentaxe de participación, de ser o caso:

  • ata a contía máxima de 5.000€ para o caso de persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
  • 7.000€ para o caso de persoas socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

O importe da subvención anterior incrementarase no caso de concorrer as seguintes situacións e nos seguintes importes:

  1. Cando a persoa solicitante teña 39 anos ou menos: 1.000€.
  2. Cando a persoa solicitante sexa muller: 1.000€.
  3. No caso de que o Centro de Traballo ou domicilio estea situado nun Concello Rural: 1.000€.

A obtención desta axuda é compatible con outras para o mesmo fin, sen que en ningún caso o importe poida ser de tal contía que supere o custo da actividade, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos.

 

Forma e lugar de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado que figura como anexo I desta resolución na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos  na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

Prazo de presentación das solicitudes:

Dende o 6 de abril ó 28 de setembro de 2018.

 

Documentación xeral a presentar coa solicitude:

  1. Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante, e ademais no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persona nacida en Galicia , documentación que acredite o vínculo con esta.
  2. Certificado de emigrante retornado, expedido polas Delegacións ou Subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España.
  3. Alta no réxime da Seguridade Social ou alta na mutualidade do colexio profesional que corresponda ou, no caso das sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado, afiliación da entidade e de cada unha das persoas traballadoras, na cal se recolla o réxime da Seguridade Social e a data na que tivo lugar a alta.
  4. Alta no censo de obrigados tributarios.
  5. Memoria explicativa do proxecto empresarial, asinada pola persoa solicitante.
  6. Orzamento detallado dos gastos estimados que sexan subvencionables.

 

Para máis información; no concello ou no 988402008. Preguntar por Rocío.

 

 

PROGRAMA DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUCTURAS E VIVENDA: DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL PLAN rehaVIta, PLAN GALEGO DE REHABILITACIÓN, ALUGAMENTO e mellora de acceso a vivenda 2015-2020.

BENEFICIARIOS:

O programa está destinado a atender as seguintes unidades familiares:

  1. Aquelas que precisen dunha axuda para o arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que lle interpuxese unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
  2. As vítimas de violencia de xénero que no momento da solicitude se atopen residindo nin recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento.
  3. Aqueles que fosen privadas da súa vivenda habitual por danos como incendios e inundacións…
  4. Aqueles que sendo beneficiarios do programa Aluga, desfrutasen na súa totalidade da subvención de dito programa e rematase o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos 9 meses anteriores a data de presentación da solicitude.
  5. Os que sendo arrendatarias dunha vivenda de promoción pública do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
  6. Aquelas que por concorreren circunstancias de emerxencia social non acaden o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de Vivendas baleiras e a comisión do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa

 

REQUISITOS.

 

  1. As unidades familiares teñen que cumprir os seguintes requisitos:

 

  1. Que estén empadronados na Comunidade Autónoma de Galicia, durante  polo menos  os 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude.
  2. Que sexan titulares ou estén en condicións de suscribir un contrato de arrendamento nun Concello de Galicia.
  3. Que a vivenda obxecto de contrato sexa ou vaia ser o seu domicilio habitual e permanente.
  4. Que a renda mensual do contrato de arrendamento non supere os importes mensuais de :
  • 400€ para vivendas situadas en (A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo).
  • 350€ para vivendas situadas entre outros concellos en Allariz, A Rúa,  O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín, Xinzo de Limia  t.c.
  • 300€ para vivendas situadas nos resto dos concellos (Boborás).
  1. Que os ingresos da unidade de convivencia da persoa beneficiaria computados según esta Orde, sexan iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM .
  2. Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vinculo de matrimonio, relación estable análoga coa persoa arrendadora. E que non existan vínculos de parentesco por consanguinidade adopción, ou afinidade ata o 2º grao coa persoa arrendadora.
  3. Que nin o solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia, teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou usufructo salvo que se trate de dunha vivenda insuficiente ou inadecuada, por razón de habitabilidade e mobilidade.
  4. Que non poidan ser arrendatarias de vivendas xestionadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.
  5. Que as persoas socilitantes e os membros da unidade de convivencia estén o día nas súas obrigas tributarias e da Seguridade Social, nin ter pendente ninguha débeda coa Administracíón Pública.

 

 

  1. No caso de persoas afectadas pola interposición dunha demanda de desafiuzamento deberán cumprir ademais dos requisitos numerados no apartado 1, debe cumprir os seguintes:
  2. Entre a comunicación da interposición da demanda e a presentación da solicitude da axuda non transcorresen máis de 6 meses.
  3. Que o contrato de arrendamento obxecto do desafiuzamento tivese unha duración superior os 12 meses,.
  4. No caso de mulleres procedentes do colectivo de vítimas de violencia de xénero deberán cumprir ademais dos indicados no primeiro apartado os seguintes requisistos:
  5. Que a situación de violencia de xénero se producise no seo dunha relación de convivencia.
  6. Que teña cesado a convivencia nos 12 meses anteriores á presentación da solicitude.
  7. Que na data de presentación da solicitude leven residindo alomenos 2 meses nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de Acollemento para mulleres.
  8. Que o documento acreditativo da situación de violencia fose emitido dentro dos 6 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
  9. Que a orde de protección ou calquera outra medida cautelar esté vixente na data de presentación da solicitude e se manteña na data de resolución desta axuda.
  10. No caso de unidades de convivencia privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible como incendios, inundacións ademais dos requisitos sinalados no apartado 1 será necesario que a situación que a circunstancia imprevisible se producise nos 6 meses anteriores á presentación da solicitude.
  11. No caso de unidades de convivencia que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, desfrutasen na súa totalidade da subvención de dito programa rematase o período máximo desta axuda nos 9 meses anteriores a data de presentación da solicitude e ademais dos requisitos do apartado 1 debe cumprir os seguintes.
  12. Que non lles interpuxesen unha demanda por danos causados na vivenda alugada a través do citado programa.
  13. Que non teñan débedas derivadas de subministracións dos recibos de auga, electricidade ou gas da vivenda alugada a través do Programa Aluga por un período superior os 2 meses.
  14. Que non perdesen o dereito nin rennciasen á subvención do programa Aluga antes de rematar o seu período máximo.
  15. No caso de unidades de convivencia ás cales, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do Instituto Galego de Vivenda e Solo , lle finalizase a vixencia do seu contrato, ademais dos requisitos sinalados no apartado 1, será necesario que entre a finalización do contrato  de arrendamento e da presentación non transcorresen  máis de 3 meses.
  16. No caso de unidades de convivencia ás cales, por concorreren circunstancias de emerxencia social e non acadaren o límite mínimo de ingresos establecidos no Programa de Vivendas Baleiras a comisión de seguimento e coordinación de dito programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa. Ademais de cumprir os requisitos sinalados no apartado 1 , será necesario que a circunstancia excepcional que motiva a proposta de adxudicación da comisión de seguimento e coordinación do Programa  de vivendas baleiras resulte acreditada en virtude dos servicios sociais  do respectivo concello.
  17. Non poderán ser beneficiarias deste programa aquelas persoas que tivesen concedida esta axuda nos 3 anos anteriores á data de presentación da nova solicitude , así como aquelas que esgotasen o período máximo de desfrute desta axuda.

 

IMPORTE MENSUAL DA AXUDA.

 

  • 200€ mensuais para contratos de vivendas situadas nos  Concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo).
  • 175€ mensusis para os contratos de vivendas situados nos Concellos de Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín, Xinzo de Limia  t.c.
  • 150€ mensuais para contratos para vivendas situadas nos resto dos concellos (Boborás).

( O importe mensual da axuda non poderá ser superior á renda da vivenda).

A axuda ten carácter anual, de xeito que cada unidade de conivencia só poderá percibir unha suvención de 12 bonos mensuais.

O Nadal en Boborás!!!!

Ei que chega o Nadal a Boborás!!! Vamos a recibilo con moitas actividades para os nenos e nenas, e algúns máis grandes.

O 21 actuará o mago Le Grande Martin no cole de Boborás e logo os nenos do centro recibirán a visita de Papa Noel.

Os días 22/26/27/28 e 29 de decembro haberá campamento de Nadal de 9.00 a 14.30 horas ao igual que os días 2/3/4 e 5 de xaneiro de 2018.

O 27 de decembro visitaremos Pazolandia.

O 5 de xaneiro virán as súas maxestades os Tres Reis Magos de Oriente a visitar o Fogar Residencial Blanco Amor de Brués ás 10.30 horas e as 12.00 estarán no salón de Plenos do Concello para escoitar as peticións dos máis cativos do noso concello.

 

VI edición do “Xoguete Solidario”

Como todolos anos o Concello de Boborás organiza a campaña de recollida de xoguetes para entregar nestas datas de Nadal as familias con menos recursos do municipio e con cativos ao seu cargo. Calquer momento do ano é bo para ser solidario, pero neste caso ainda máis se cabe. Por iso se tes xoguetes, libros, xogos de mesas… que xa non uses e que presenten bo estado podes entregalos ata o 19 de decembro no Concello de Boborás, no Cole de Boborás ou na consulta do Pediatra José Villanueva do Carballiño.

Para máis información: 988 402 008

 

Emprende Xoven: Obradoiro de búsqueda de emprego e orientación laboral

O Concello de Boborás organiza para os días 2 e 3 de outubro de 16.00 a 19.00 h un obradoiro de búsqueda de emprego e orientación laboral a través do Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social. Obradoiro con carácter gratuíto. Entre outros temas aprenderase a facer o curriculum e daranse claves para a búsqueda activa de traballo, claves nas entrevistas….

Anótate no 988402008 ou no correo electrónico cultura@boboras.org