Category: concello
O Concello de Boborás abre convocatoria para contratación de persoal para dúas brigadas de prevención de incendios

Concello de Boborás abre a convocatoria do proceso selectivo para cubrir Brigadas de prevención de incendios:

Estos son os postos que se oferta:
 2 Xefes de brigada
 2 Peón condutor
 6 Peóns
 Prazo de inscrición aberto do 28 xuño ao 4 de xullo

Proba de coñecementos o 18 de xullo ás 10.30 h e a proba de aptitude física ás 11.30 do mesmo día e ambas na Casa Consistorial de Boborás.

 

 

Consulta aquí as bases brigadas incendios 2019

Consulta aquí o anuncio bop brigadas 2019

 

*Actualización: 09/07/2019 Lista provisional de admitidos excluidos Incendios 2019

* Actualización: 15/07/2019

20190715_Resolución_DECRETO 2019-0430 [LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS]

* Actualización: 22/07/2019

ACTA ASINADA

20190719_Resolución_DECRETO 2019-0463 [NOMEAMENTO DE MEMBROS DA BRIGADA]

 

Visitas teatralizadas “O Segredo do Peregrino” en Pazos de Arenteiro os venres do verán de 2019
Se non tendes plan para as noites dos venres dos meses de xullo e agosto de 2019, a Xunta de Galicia e o Concello de Boborás dentro da programación “Do Teu Xacobeo” propoñémosvos as visitas teatralizadas a Pazos de Arenteiro a partir das 22.30 horas e coa saída do bar A Ponte, baixo o título “O Segredo do Peregrino”.
Son gratuítas pero é preciso reservar nos teléfonos 645 865 080 e 619 442 622.
 
Comezamos o venres 12 de xullo! Pero podes asistir o 19 e 26 de xullo e o 2, 9, 16, 23 e 30 de agosto!
 
Ven e disfruta dunha maneira diferente de coñecer a historia dun lugar histórico da nosa Galicia.
Consulta aquí o cartel:
II Feira do Castro de Moldes o 3 de agosto de 2019

O Concello de Boborás por segundo ano consecutivo pon en marcha a II Feira do Castro de Moldes. Trátase dunha iniciativa que pretende recuperar as tradicións do noso municipio, ao igual que se fai ca de Feás. Nese sentido haberá mercado, artesáns de oficios antigos, música tradicional en directo…..e por suposto o xa típico pulpo para comer. Facendo referencia a un pouco de historia a Feira de Moldes, é das poucas de orixe medieval documentada. Iniciou como a “Feira do Castro”, no entorno da Antiga Fortaleza de Castro Cavadoso, situada estratexicamente nun camiño comercial entre o Ribeiro e Santiago de Compostela. Posteriormente trasladouse ao lugar de Moldes, onde hai uns antigos alpendres que eran onde se colocaban para a venta dos produtos. Era unha das grandes feiras da zona. Celebrabase todolos meses, é habia un día especialmente marcado no calendario, a do 1 de novembro, coñecido como o “Feirón de Santos”. Nesta feira “tratabase” de todo…dende animais vivos, como telas, xabón, produtos da terra…negocio do viño, sementes…os que acordan din que “era moi boa”. Despareceu a mediados do século XX.

 

Podes consultar aquí o cartel:

Visitas guiadas turísticas no Concello de Boborás

O Concello de Boborás igual que nos anos 2016,2017 e 2018, programa para este 2019 as visitas guiadas ao seu patrimonio máis representativo. Comenzarán o 7 de xullo e rematarán o 15 de setembro. Estas visitas con carácter gratuíto e que se desenvolverán os venres, sábados e domingo programanse en función da demanda dos nosos visitantes en anos anteriores. Aínda así, e fora das visitas organizadas tamén se da a opción, previa reserva de ver outros monumentos.

Para as reservas pódese chamar o 681 166 180 que tamén ten whatsapp ou no correo electrónico turismo@boboras.gal

Non deixedes de visitarnos!!!

II Feira de Feás o 7 de xullo de 2019

O Concello de Boborás por segundo ano consecutivo pon en marcha a II Feira de Feás. Trátase dunha iniciativa que pretende recuperar as tradicións do noso municipio, ao igual que se fai ca do Castro en Moldes. Nese sentido haberá mercado, artesáns de oficios antigos, música tradicional en directo…..e por suposto o xa típico pulpo para comer. Facendo referencia a un pouco de historia a Feira de Feás, era todos os días 8 de mes. Como na de Moldes, vendiase de todo. Mesmo había un posto de comidas. Facíase no campo da feira, hoxe existente e recuperado como parque e area de recreo. Tamén tiña moi boa fama, e de feito viña moita xente dos concellos colindantes como o de Beariz e O Irixo, e mesmo dende o das provincia de Pontevedra que eran máis próximos a este territorio. Esta feira desapareceu máis tarde ca de Moldes, no ano 1980, sendo o motivo principal a emigración e tamén o abandono do campo como medio de traballo.

Podes consultar aquí o cartel:

Os Bolechas veñen a Boborás

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do programa Fala Redes,  trae a Boborás o espectáculo de Títeres dos Bolechas no local social de Brués, ás 19.00 horas. É unha actividade totalmente gratuíta para nenos e nenas coa que se pretenden potenciar a lingua galega entre os máis pequenos co título “Somo unha gran familia”.

Non faltes, a diversión está garantizada.

 

 

Se queredes saber máis dos bolechas podes facelo no seguinte enlace: https://osbolechas.gal/

BOBORÁS REABRE AO PÚBLICO A RUTA DO POZO DOS FUMES

O Concello de Boborás reabre a Ruta do Pozo dos Fumes de Pazos de Arenteiro ao público, logo das obras de legalización e posta a punto da mesma. Trátase dun dos sendeiros máis coñecidos non só do Concello, senón de toda a comarca dada a súa beleza e por transcorrer polo marxe esquerdo do río Arenteiro, cun mirado cara unha fervenza coñecidas como Fumes.

O sendeiro fora denunciado no seu día por Move Boborás, e a pesar de que fóra construída en 1999, a Confederación solicitude a legalización da mesma. Nese sentido, o que solicitou foi a elevación das pequenas pontes de madeira que salvaban pequenos regatos que remataban no río. Así mesmo, tamén a colocación de vallas de protección en diferentes pasarelas.

O permiso para a legalización da mesma chegou ao Concello en febreiro de 2018, e o Concello meteu as obras na subvención do Fondo de Compensación Ambiental na súa vertente non competitiva, ascendendo a obra a 21.000 euros dos cales a Xunta aportou 10.400 euros. As obras foran rematadas neste caso en novembro de 2018, e agora logo do visto bo da CHMS o Concello levou a cabo as obras que faltaban.

Neste sentido, e dado que mentres que non estivera legalizada a ruta o Concello non podía facer ningún tipo de obra de mantemento na mesma, a entidade local unha vez realizadas as accións solicitadas pola Confederación e unha vez que a técnica lle deu o visto bo ás mesmas levou a cabo unha rehabilitación integral da ruta repoñendo toda a madeira en mal estado por unhas novas e asegurando a instalación existente co fin de garantir a seguridades das persoas que pasean pola mesma.

Convocatoria de contratación de 3 peóns de servizos múltiples en Boborás

O Concello de Boborás abre a convocatoria para a contratación de 3 peóns de servizos múltiples, logo da publicación no día de hoxe, 23/04/2019 no BOP. As solicitudes poderán presentarse nas oficinas do Concello no prazo de 5 días hábiles, a partir da data de publicación do anuncio no boletín.

 

Aquí podes descargar as 20190408_BASES PROCESO DE SELECCION

**Actualización 04/05/2019

Listado de admitidos/as definitivos e horario de proba teórica e práctica

Descarga aquí: 20190503_Resolución_DECRETO 2019-0248 [LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS]

 

** Actualización 09/05/2019

Resolución do resultado da convocatoria

Descarga aquí: Resolución_DECRETO

** Actualización 09/05/2019

Acta do proceso de selección

Descarga aqui: ACTA

 

 

Avaliación estratéxica medioambiental da modificación da delimitación de núcleo na Almuzara

O Concello de Boborás remitiu a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a proposta da modificación da delimitación de núcleo de Almuzara que terá que estar en exposición pública ata o 12 de xuño de 2019, para que logo a administración autonómica emita o informe medioambiental favorable e se poida seguir coa tramitación do mesmo.

Para máis info: Aqui

 

Entroido 2019 en Boborás: Recuperando tradicións

O Concello de Boborás programa para este 2019 un entroido diferente no que se van a recuperar as tradicións como o caso da figura típica do lugar de Feás, “Os Felos”. Ademáis farase a festa en Boborás, incluíndo grupo musical e actividades para nenos. E para rematar o luns, o día do entroido será en Pazos de Arenteiro coa saída dos Rodos.

Esté é o programa:

Reportaxe dos felos da televisión de Galicia: http://www.crtvg.es/informativos/feas-recupera-os-seus-felos-para-o-entroido-4048511?fbclid=IwAR1wVWV8oju1ZfI5CmSYnCFzSz2ox55G8uWHV9JeKheBRC_3KLEtmsFXpk4

Reportaxe da Televisión do Carballiño: https://www.facebook.com/carballinotv/videos/158209231762159/

Axudas para adquirir vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes para menores de 35 anos.

Os menores de 35 anos que adquiran a súa vivenda en Concellos de menos de 5.000 habitantes, como é o caso de Boborás, poden solicitar axudas de ata 10.800 euros para dito fin.
Para máis información:
🏫 988.402.008 (Oficinas do Concello)

Neste enlace podedes descargar a orde: 
https://www.xunta.gal/…/201…/AnuncioC3Q2-181218-0001_gl.html

 

Axudas do Agader para empresas do rural do sector non agrario

O Agader a través do DOG publicará o 28 de xaneiro de 2019 unha nova convocatoria de axudas dirixida á “Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”, dentro da medida 6.4 “Investimentos en actividades non agrarias” do PDR de Galicia 2014-2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.

A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.

Beneficiarios:

1. As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural

2. Persoas físicas que residan nunha zona rural.

3. Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación

Proxectos Subvencionables:

a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.

c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos

d) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).

e) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.

h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

Gastos Subvencionables

Con carácter xeral, serán subvencionables:

Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

Gastos Non subvencionables:

a) Unidades de investimento cuxa base impoñible sexa igual ou inferior a 1000€

b) Material funxible en xeral.

c) Envases e embalaxes, aínda cando sexan reutilizables.

d) A reposición ou simple substitución de equipamento e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipamentos ou maquinaria distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento ou eficiencia ambiental, que deberá xustificarse na memoria-resumo do proxecto (anexo III).

e) Equipos de calefacción, climatización e ventilación, así como as instalacións que comporten.

f) Traídas e acometidas de servizos.

g) Adquisición de maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.

h) Adquisición de maquinaria e equipamento destinada ao aluguer.

i) Equipos informáticos de oficina e licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática.

j) Deseño e/ou actualización de páxinas web.

k) A compra de vehículos de transporte exterior, así como a compra de vehículos especiais agrícolas e de obras, e a súa adecuación.

l) Mobiliario, instalacións, útiles e ferramentas.

m) Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai a desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.

n) Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante.

o) Os gastos de aluguer de instalacións e equipos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).

p) A man de obra propia e os materiais de igual procedencia.

q) As taxas por licenzas administrativas.

r) O imposto de valor engadido (IVE) e calquera outro imposto, agás que non sexa recuperable pola persoa beneficiaria.

s) Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.

t) Os xuros debedores.

u) Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como “outros”.

v) Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axuda.

Importe da Axuda

45% dos gastos subvencionables

 

Para calquera dúbida os promotores poden pórse en contacto con nós a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal ou nos teléfonos: 981547382 – 981547369 – 981542690