Así quedou para visitar a primeira fase da escavación do Castro de Cameixa dirixida polo arqueólogo Jorge Lamas.
O deseño do panel é de Diego Reboredo.

Nos traballos quedaron ó descuberto restos dunha vivenda das máis primitivas, feitas con palla barro (material que desapareceu coa humidade), e seis metros de muralla por tres de ancho. A súa vez tamén se atopou moita cerámica, parte delas decoradas e dúas fíbulas de bronce, elementos que se empregaban como broches.
Contamos neste 2019 cunha segunda fase, pondo así en valor un dos castros máis importantes de Galicia, escavado por primeira vez no 1944-1946 por Xocas e Cuevillas.

Grazas á Xunta de Galicia pola súa aposta polo noso patrimonio e tamén á familia propietaria da parcela escavada por permitir a súa posta en valor.