O Concello de Boborás vai acometer obras de mellora en varias estradas do municipio por valor de 65.006,04 euros. Estes traballos que comezarán nas próximas semanas terán que estar rematados antes do 1 de setembro de 2018. Desta cantidade, 53.724 euros son aportados a través do Plan Marco 2017/2018 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural, mentres que a contía de 11.282,04 euros correspondente o IVE será asumido polo propio Concello.

Así as actuacións a realizar son as seguintes: acceso á Fenteira dende a N-541, acceso ao núcleo do Curro (Féas) dende a estrada da Deputación, vía que comunica a N-541 cos núcleos de Rodas e As Quintás na parroquia de Xuvencos e por último o acceso a Paredes en Albarellos.

Os traballos consistirán na limpeza das marxes, reparación da capa de rodadura degradada para finalmente facerlle dobre rego asfáltico.

O Concello de Boborás anunciará nos próximos días novas actuacións estradas municipais para este 2018.