Bando informativos sobre prohibición de usos varios que supoñan risco ante o nivel 2 de alerta por incendios en Boborás
BANDO INFORMATIVO
Tendo en conta a situación que se está a vivir na provincia de Ourense coa vaga de incendios forestais que obrigaron á Xunta de Galicia a decretar a SITUACIÓN 2 de emerxencia por incendios forestais, e o índice de risco de incendio forestal actual e previsto, queda PROHIBIDO en todo o termo municipal:
-
A utilización do lume para fins recreativos (parrilladas, fogueiras, queimadas…).
-
A utilización de artefactos pirotécnicos e derivados (fogos artificiais, bombas de palenque, bengalas, etc.).
-
O uso e manexo de maquinaria ou vehículos que comporten risco de ignición.
Esta prohibición quedará en suspenso cando sexa posible pola mellora das circunstancias actuais.
Normativa aplicable
De acordo coa Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e normativa derivada:
-
Durante períodos de perigo alto, todos os tractores, máquinas e vehículos pesados (incluídos os agroforestais) deben estar equipados con dispositivos antillamas e extintor operativo (Lei 3/2007, art. 39).
-
O uso de maquinaria non agrícola nin forestal que poida xerar faíscas (soldadura, radiais, etc.) require autorización expresa da autoridade forestal competente.
-
O Nivel 2 de emerxencia implica a incorporación de medios extraordinarios e un control estrito das actividades de risco.
👉 Polo tanto, a maquinaria agroforestal pode empregarse só se conta cos dispositivos de seguridade obrigatorios. En caso contrario, ou se se trata de maquinaria con risco especial de ignición, precísase autorización expresa.
O incumprimento desta orde poderá dar lugar ás sancións contempladas na lexislación vixente.
En Boborás, a 16 de agosto de 2025
A ALCALDESA
O CONCELLEIRO DE EMERXENCIAS




