OBXECTO:

Axudas a favor das persoas titulares de actividades gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses da súa explotación, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando.

 

BENEFICIARIOS:

As persoas propietarias de todo tipo de gando que fora afectado polos ataques dos lobos.

REQUISITOS:

O gando polo que se solicita a axuda deberá cumprir os seguintes requisitos:

  1. Pertenecer a unha explotación incluída no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia.
  2. O gando (ovino, bovino e cabrún) deberá cumprir cos requisitos sanitarios establecidos.

 

PRAZO:

Esta orde comprende axudas para danos que se comuniquen desde o 1 de octubre de 2017 ata o 30 de setembro de 2018.

  • Para os danos entre o 1 de outubro de 2017 e o 12 de decembro 2018, o prazo de presentación é de 45 días naturais, desde o 1 de outubro.
  • Para danos entre o 13 de decembro de 2017, o prazo de presentación son 45 días naturais dende a comunicación do dano.

 

COMUNICACIÓN DO DANO:

O dano producido polos ataques do lobo, déberase poñer en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, por parte dos propietarios das reses mediante unha chamada o 112  que deberá ser:

  • Nas 24 horas seguintes o ataque no caso do réxime intensivo.
  • Nas 72 horas no caso de réxime semiextensivo ou extensivo.

 

Se precisa máis información e axuda póderán recibila  no Concello.