O Concello de Boborás convoca as axudas para o material escolar para o curso 2020/2021. Pódesen solicitar coa traballadora do Concello dende hoxe 28 de setembro de 2020, logo da súa publicación no BOP de Ourense o sábado 26 de setembro.

 

A continuación podedes consultar as bases:

BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DAS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA PARA O CURSO ACADÉMICO 2020/2021.

 

PRIMEIRA: Obxecto da convocatoria.

As axudas convocadas mediante as presentes bases, teñen como obxecto a cofinanciación do material escolar dos alumnos que cursen educación infantil, primaria e secundaria. Concíbese como un apoio ás familias empadroadas no Concello de Boborás con dificultades socioeconómicas que dificulten a correcta escolarización dos alumnos.

SEGUNDA: Orzamento

O orzamento dispoñible para a concesión das axudas, ascende á cantidade de 1.166,66 €. No caso de que a demanda supere o orzamento dispoñible, priorizarase segundo a puntuación obtida despois da correspondente baremación, ata esgotar o orzamento.

TERCEIRA: Beneficiarios.

 

Poderán ser beneficiarias as familias que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Estar empadroados todos os membros da unidade familiar (pai e/ou nai e fillo para o cal se solicitan as axudas) no Concello de Boborás.
  2. Ter fillos  matriculados para o curso escolar 2020/2021 en educación infantil, primaria ou secundaria. No caso de educación infantil e primaria, será requisito indispensable que se atopen matriculados no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, exceptuando aos alumnos da parroquia de Astureses que teñen asignados os centros educativos de O Carballiño.
  3. Que a renta per cápita anual non supere uns ingresos netos de 6.000 €. Computaranse os ingresos de todos os membros da unidade familiar. A estes efectos, enténdese por unidade familiar os pas dos menores escolarizados así como todos os descendentes e ascendentes que convivan no mesmo domicilio.

 

Aos efectos desta orde, a renta per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renta da unidade familiar do exercicio fiscal 2019 entre o número de membros computables, toda vez que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

 

A renta neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base a la declaración de la renta do exercicio 2019:

– Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible de aforro.

– Deste resultado restarase a cota líquida resultante da auto liquidación.

 

Segundo isto, a renta familiar aos efectos da auto declaración é o resultado de facer as seguintes operacións coa declaración del IRPF:

 

Casiña 435+ casiña 460 – casiña 595

 

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

 

O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

Se solicitado O borrador na AEAT esta unicamente comunica os datos fiscais, e polo tanto non o remite, para determinar a renda dos membros computables que obteñan ingresos propios seguirase co procedemento descrito no punto primeiro e do resultado  restaranse os gastos reducibles e as retencións ou pagos á conta efectuados.

 

Aclaracións para determinar correctamente a renda anual  familiar

 

– Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:

-Unidades familiares nas que ambos conxugues, ou  calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen deber de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente, que é o habitual, ou ben a declaración conxunta.

-Unidades familiares nas que ambos conxugues, ou calquera outro integrante percibe rendas pero só un deles ten o deber de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentara declaración do IRPF máis importe que resulte, para outro integrante da unidade familiar, dos datos do borrador dono IRPF excepto os datos que figuren na casiña 537 correspondente á cota resultante da auto liquidación, dado que o contribúente non presentou a declaración polo IRPF. No caso de que un dos membros en vez de borrador dispoña dun certificado de imputación de rendas, para realizar o cálculo dos seus ingresos deberán sumar os rendementos íntegros e restar os gastos deducibles e as retencións ou pagos a conta efectuados.

-Cando ambos conxugues perciban rendas pero non  teñan deber de presentar declaración da renda ou ben cando o conxugue ou os conxugues non perciban renda ningunha suxeita á tributación no IRPF. Nestos supostos, os interesados deberán consignar os datos do borrador do IRPF ou no seu caso os datos que figuren no certificado de imputación de rendas ao igual que no apartado anterior.

 

  1. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

 

  1. Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renta per cápita da unidade familiar.

 

CUARTA: Contía das axudas.

 

  • Alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario
  • Alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario
  • Alumnos de secundaria: 110 euros por beneficiario

 

Estas axudas serán  incompatibles con  cualquier otra ayuda solicitada para el mismo concepto (material escolar noutras Administracións).

 

QUINTA: Solicitude e documentación.

 

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Boborás ou segundo o establecido no artigo 16 da lei 39/2015, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Acompañaranse da seguinte documentación:

 

  1. Fotocopia do DNI do/a solicitante, pasaporte ou NIE.
  2. Fotocopia do Libro de Familia.
  3. Certificado de convivencia.
  4. Acreditación da situación económica e laboral de todos os membros da unidade de convivencia: declaración da renda do 2019. De non estar obrigados a presentala , requerirase o certificado negativo de Facenda e os xustificantes que acrediten os ingresos (certificado do INEM sobre as prestacións de desemprego, certificado de pensións, convenio regulador, de ser o caso, ou calquera outro documento que acredite os ingresos). De non poder acreditar documentalmente a situación económica, será precisa a presentación de Declaración xurada.
  5. Tarxeta de demandante de emprego de ser o caso.
  6. Fotocopia do certificado do grao de discapacidade e/ou valoración de dependencia, de ser o caso.
  7. Certificado do centro educativo que acredite a matrícula e o nivel escolar que cursa o alumno.
  8. Certificado do número de conta.
  9. Facturas acreditativas do gasto en material escolar no caso de que este xa fora  realizado.

 

SEXTA: TRIBUNAL DE VALORACIÓN

 

Será designado pola alcaldesa e terá a seguinte composición:

-Presidenta: A traballadora social do Concello.

-Secretario: Un funcionario da Corporación, persoal laboral fixo da Corporación, habilitado de carácter nacional ou da Deputación de Ourense designados pola Alcaldía.

-3 vogais: funcionarios ou traballadores do Concello, ou habilitado de carácter nacional ou da  Deputación de Ourense designados pola Alcaldía.

 

SÉPTIMA: Procedemento.

Unha vez presentadas as solicitudes no  Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio recollido no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das  Administracións Públicas, procederase á valoración por parte do Tribunal da documentación presentada e a posterior baremación para establecer unha orde de prioridade, no de que sexa preciso. De existir expedientes coa mesma puntuación e esgotar o crédito dispoñible, terán prioridade os que posúan unha menor renda.

O órgano competente para a instrución será a Concelleira de Educación.

O órgano competente para resolver a concesión ou denegación será a Alcaldesa-Presidenta, en base á  proposta do Tribunal de Valoración unha vez realizada a avaliación e baremación. Comunicarase a resolución a persoa interesada no prazo dunha semana.

 

OCTAVA: Criterios de avaliación e baremo.

 

Teranse en conta o seguintes factores para determinar unha puntuación segundo o maior grao de necesidade:

  1. Situación socioeconómica:
  • Familia na que o que sustentador principal se atope en situación de desemprego: 5 puntos.
  • Familia numerosa: 5 puntos.
  • Familia monoparental: 3puntos.
  • Familia na que algún membro teña recoñecido o grao de discapacidade e/ou valoración de dependencia: 3 puntos.
  • Familia na  que o sustentador principal sexa vítima de violencia de xénero: 5puntos.

 

  1. Factores sociais:
  • Familia incluida no Programa de Educación Familiar: 5 puntos.
  • Familia beneficiaria de RISGA: 5 puntos.

 

NOVENA: Prazo de presentación de solicitudes.

 O prazo será dun mes a partir do día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e na Base de Datos Nacional de subvencións.

 

DÉCIMA: Xustificación e pago das axudas.

 

Procederase ao pago da axuda concecida unha vez sexa presentada a factura ou faturas oficiais correspondentes o gasto en material escolar. A data límite da presentación das facturas será o 16 de decembro de 2020.