O Concello de Boborás abre o prazo de solicitude das axudas de material escolar ata o 04/12/2017. A continuación veñen detalladas as bases reguladoras, para calquera dúbida pode consultar nas oficinas do concello ou no teléfono de contacto 988 402 008.

PREME EN SOLICITUDE PARA OBTER OS FORMULARIOS:

SOLICITUDE

Bases reguladoras que rexerán a convocatoria das axudas para adquisición de material escolar do alumnado de educación infantil, primaria e secundaria para o curso académico 2017/18.

 

PRIMEIRA: Obxecto da convocatoria.

As axudas convocadas mediante as presentes bases, teñen como obxecto o cofinanciamento de material escolar dos alumnos que cursen educación infantil, primaria e secundaria.

Concíbense como un apoio ás familias empadroadas no Concello de Boborás con dificultades socioeconómicas que dificulten a correcta escolarización dos alumnos.

 

SEGUNDA: Orzamento.

O orzamento dispoñible para a concesión das axudas, ascende á cantidade de 1.166,66 €. No caso de que a demanda supere o orzamento dispoñible, priorizarase a concesión segundo a puntuación obtida despois da correspondente baremación, ata esgotar o orzamento.

 

TERCEIRA: Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias as familias que cumplan os seguintes requisitos:

  1. Estar empadroados todos os membros da unidade familiar (pai e/ou nai e fillo para o que se solicitan as axudas) no Concello de Boborás.
  2. Ter fillos matriculados para o curso escolar 2017/18 en educación infantil, primaria ou secundaria. No caso de educación infantil e primaria, será requisito indispensable que se atopen matriculados no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, exceptuando ós alumnos dos lugares de Astureses que  teñen asignados os centros educativos de O Carballiño.
  3. Que a renda per cápita anual non supere uns ingresos netos de 6.000 €. Computaranse os ingresos de todos os membros da unidade familiar. A estes efectos, enténdese por unidade familiar os pais dos menores escolarizados así como todos os descendentes e ascendentes que convivan no mesmo domicilio.

Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2016 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

A renda neta per càpita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2016:

– Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible de aforro.

– Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.

Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado de facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

casiña 392+ casiña 405-casiña 537

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

Se solicitado o borrador na AEAT esta unicamente comunica os datos fiscais, e polo tanto non o remite, para determinar a renda dos  membros computables que obteñan ingresos propios seguirase o procedemento descrito no punto primeiro e do resultado restaranse os gastos deducibles e as retencións ou pagamentos á conta efectuados.

 

Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar

– Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:

-Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente- que é o habitual- ou ben, da declaración conxunta.

-Unidades familiares nas que ambos cónxuxes , ou calquera outro integrantes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis importe que resulte, para o outro integrante da unidade familiar, dos datos do borrador doo IRPF agás os datos que figuren na casiña 537 correspondente á cota resultante da autoliquidación, dado que o contribuinte non presentou a declaración polo IRPF. No caso de que un dos membros en vez de borrador dispoña dun certificado de imputación de rendas, para realizar o cálculo dos seus ingresos deberá sumar os rendementos íntegros e restar os gastos deducibles e as retencións ou pagamentos a conta efectuados.

-Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita á tributación no IRPF. Nestes supostos ,os interesados deberán consignar os datos do borrador do IRPF ou no seu caso os datos que figuren no certificado de imputación de rendas do mesmo xeito que no apartado anterior.

  1. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

 

  1. Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita da unidade familiar.

 

CUARTA: Contía das axudas.

  • Alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario
  • Alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario
  • Alumnos de secundaria: 110 euros por beneficiario

 

Estas axudas serán incompatibles con calquera outra axuda solicitada para o mesmo concepto (material escolar en outras Administracións).

 

QUINTA: Solicitude e documentación.

As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Concello de Boborás ou segundo o establecido no artigo 16 da ley 39/2015, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Acompañaranse da seguinte documentación:

  1. Fotocopia do DNI do/a solicitante, pasaporte ou NIE.
  2. Fotocopia do Libro de Familia.
  3. Certificado de convivencia.
  4. Acreditación da situación económica e laboral de todos os membros da unidade de convivencia: declaración da renda do 2016. No caso de non estar obrigado a presentala, requerirase o certificado negativo de Facenda e os xustificantes que acrediten os ingresos (certificado do INEM sobre as prestacións de desemprego, certificado de pensións, convenio regulador, de ser o caso, ou calquera outro documento que acredite ingresos). De non poder acreditar documentalmente a situación económica, será preciso a presentación de Declaración xurada.
  5. Informe de vida laboral para os membros da unidade familiar en idade laboral.
  6. Tarxeta de demandante de emprego, de ser o caso.
  7. Fotocopia do certificado do grao de discapacidade e/ou valoración de dependencia, de ser o caso.
  8. Certificado do centro educativo que acredite a matrícula e o nivel escolar que cursa o alumno.
  9. Certificado do número de conta.
  10. Facturas acreditativas do gasto en material escolar no caso de que éste xa fose realizado.

 

SEXTA:TRIBUNAL DE VALORACIÓN

Será designado polo alcalde e terá a seguinte composición:

– Presidente: A traballadora social do Concello.

-Secretario: Un funcionario   da Corporación, persoal laboral fixo da Corporación , habilitado de carácter nacional.ou da Deputación de Ourense designados pola Alcaldía.

-3 vogais: funcionarios ou traballadores do Concello,ou habilitado de carácter nacional. ou da Deputación de Ourense designados pola Alcaldía.

 

SÉTIMA: Procedemento.

Unha vez presentadas as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio recollido no artigo 16 da ley 39/2015, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, procederase á valoración por parte do Tribunal  da documentación presentada e a posterior baremación para establecer unha orde de prioridade, no caso de que sexa preciso. De existir expedientes coa mesma puntuación e esgotar o crédito dispoñible, terá prioridade o que posúa unha menor renda.

O órgano competente para a instrucción será a Concelleira de Cultura.

O órgano competente para resolver a concesión ou denegación será o Alcalde-presidente, en base á proposta do Tribunal de Valoración unha vez realizada a avaliación e baremación.

Comunicarase a resolución á persoa interesada no prazo dunha semana.

 

OITAVA: Criterios de avaliación e baremo.

Teránse en conta os seguintes factores para determinar unha puntuación segundo o maior grao de necesidade:

  1. Situación socioeconómica:
  • Familia na que o sustentador principal se atope en situación de desemprego: 5puntos.
  • Familia numerosa: 5puntos.
  • Familia monoparental: 3puntos.
  • Familia na que algún membro teña recoñecido o grao de discapacidade e/ou valoración de dependencia: 3puntos.
  • Familia na que o sustentador principal sexa víctima de violencia de xénero: 5puntos.
  1. Factores sociais:
  • Familia incluída no Programa de Educación Familiar: 5puntos.
  • Familia beneficiaria de RISGA: 5 puntos.

 

NOVENA: Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo será de un mes a partir do día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

 

DÉCIMA: Xustificación e pago das axudas.

Procederase ó pago da axuda concedida unha vez sexa presentada a factura ou facturas oficiais correspondentes ós gastos en material escolar. A data límite para a presentación de facturas será o 15 de decembro de 2017.