A Xunta de Galicia a través da  ORDE do 9 de marzo de 2018, establece un réxime de axudas a APICULTURA.

Obxecto:

En réxime de concorrencia competitiva.

Finalidade das axudas contías e límites:

Aquelas actividades ou investimentos encamiñados a:

  1. Liña A. Prestar información e asistencia técnica a apicultura. A esta liña solo poderá optar as agrupacións de apicultura.
  2. Contratación de técnicos e especialistas en apicultura para a información e asistencia técnica ós apicultores apícola, loita contra agresores da colmea, así como asesoramento global na produción. ( Poderá subvencionarse a contratación dun máximo de 2 técnicos por asociación, sendo necesariamente o primeiro deles un licenciado en veterinaria. A axuda para a contratación de técnico veterinario poderá ser de ata o 90% do seu custo, cunha limitación de 27.000€, e non poderá ser superior ó valor de 1€ por colmea rexistrada na correspondente agrupación. A axuda para a contratación de 2 técnicos titulados poderá ser de ata o 70% do seu custo, cunha limitación de 21.000€, e non poderá ser superior ó valor de 0,5€ por colmea rexistrada na correspondente agrupación. En todo caso, o importe máximo da axuda nesta liña non superará os 48.000€).
  3. Organización e celebración de cursos e xornadas de formación apicultores formación continuada dos técnicos e especialistas.(Poderá subvencionarse ata o 90% do seu custo).
  4. Sistemas de divulgación técnica, a través de folletos, catálogos e outras publicacións, así coma de soportes audiovisuais e informáticos. ( Poderá subvencionarse ata o 90% do seu custo).
  5. Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea, en particular contra a varroase.
  6. Adquisición de tratamentos quimioterápeuticos e/ ou tratamentos compatibles coa apicultura ecolóxica e contra a varroase. (Poderá subvencionarse ata o 80% do seu custo, cun máximo de 4€ por colmea, e co límite de 18.000€ para o caso de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas).
  7. Sobrealimentación das colmeas. (Poderá subvencionarse ata o 50% do seu custo co límite de 2€ por colmea. Unicamente poderán optar os apicultores beneficiarios da axuda establecida na liña B.1anterior).
  8. Renovación e purificación da cera. ( Poderá subvencionarse ata o 50% do seu custo co límite de 6€ por colmea unicamente poderán optar a esta liña os apicultores beneficiarios da axuda establecida na liña B.1.
  9. Liña C. Racionalización da transhumancia.
  10. Adquisición, conservación e mellora dos medios de transporte. Material para o manexo das colmeas: guindastres, mallas de cobertura, cambio del colmeas para obter meles mono florais, sistemas móbiles de extracción de mel e outros útiles e equipamento necesario para facilitar a transhumancia, con excepción de vehículos de transporte, combustible, produtos para a alimentación das abellas e cera. Poderá subvencionar ata o 70% do seu custo.
  11. Sistemas de protección ou vixilancia antirroubo ou de xeolocalización  integrados nos cadros das colmeas. Poderá subvencionarse ata o 70% do seu custo.
  12. Mellora e acondicionamento de asentamentos, camiños, sendas. Serán subvencionables soportes para illar as colmeas, traballos e utensilios de roza, peches portátiles para a protección dos asentamentos fronte a depredadores e aqueles outros que a xuízo do órgano xestor sexan compatibles con esta liña. Non será subvencionable a realización de traballos con maquinaria pesada para o movemento de terras. Poderá subvencionarse ata o 70% do seu custo.
  13. Cota de subscrición de seguros de responsabilidade civil das colmeas sempre que as pólizas non cubran as garantías xa incluídas no sistema de seguros agrarios combinados. A esta liña poderán acollerse tamén os apicultores con colmeas estantes. Poderá subvencionarse ata o 50% do seu custo cun límite de 0,5 € por colmea asegurada.
  14. Liña E. Medidas de apoio a repoboación dos efectivos apícolas españois.
  15. Cría de raíñas de razas autóctonas para a reposición de baixas, sempre que cubran as necesidades financeiras para atender as solicitudes da medida anterior.
  16. Investimento para a cría de raíñas (núcleos de fecundación, incubadoras, material para inseminación artificial de raíñas). (Para os 2 casos poderá subvencionarse ata o 50% do custo de actuación, cun límite máximo de 5€ por colmea).

 

 

 

Beneficiarios e requisitos:

  1. Poderán optar ás axudas previstas:
  2. Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas incluídas aquelas de titularidade compartida mencionadas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre a titularidade compartida das explotacións agrarias.
  3. Cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, integradas por apicultores que cumpran os requisitos da letra a.
  4. Requisitos:
  5. Estar inscrito no Rexistro Oficial Apícola da Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade ó primeiro de xaneiro do ano 2018, fóra daqueles titulares que adquirisen a dita titularidade ante o falecemento, xubilación ou incapacidade laboral do titular sempre que o novo titular adquira a titularidade do anterior e fose parente ata o 4º grao, exceptúanse os casos de forza maior.
  6. Realizar polo menos un tratamento ó ano fronte á varroase, de acordo co que se establece no programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.
  7. Dispoñer dun seguro de responsabilidade civil.
  8. Cumprir as previsións contidas no Real Decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen as normas de ordenación das explotacións apícolas.
  9. Ser titulares dunha explotación con máis de 50 colmeas, se solicitan axuda para realizar a transhumancia.
  10. Ter efectuada a declaración censual anual obrigatoria referida o 31 de decembro de 2017.As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito o cobramento de axudas do seu titular .
  11. Un mesmo apicultor só poderá ser beneficiario de axuda por unha mesma actuación de forma única para cada unha das súas colmeas, ben a título individual, ben como integrante dunha cooperativa ou asociación ou agrupación de produtores.
  12. Documentación complementaria necesaria:
  13. As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, integradas ou non nunha asociación ou organización de apicultores, presentarán solicitudes individuais e achegarán á solicitude a seguinte documentación:
  14. No caso de representación, exixirase autorización para facer a solicitude.
  15. Fotocopia ou copia dixitalizada das seguintes follas do libro rexistro de explotación apícola, en función do formato de libro de que dispoña o apicultor (caderno de explotación apícola e de transhumancia), onde figure a documentación referente o número de colmeas, tipo e clase de explotación.
  16. Validación anual favorable ou autorización por parte dos servizos veterinarios oficiais do ano 2017. No caso de que na  citada folla non figure o código REGA do titular , entón deberá achegarse tamén a fotocopia ou copia dixitalizada da folla onde aparece reflectido o dito código.
  17. Nas axudas da liña de loita contra as agresións e enfermidades da colmea, declaración de responsable do veterinario de compromiso previo de execución e posterior xustificación do programa.
  18. Programa da actuación que pretende desenvolver: memoria onde figuren os datos do apicultor, número de colmeas, descrición dos investimentos e finalidade deles, incluíndo orzamentos ou facturas pro forma dos investimentos, desagregados para cada unha das liñas para as cales se solicita axuda.
  19. Dispoñibilidade dos terreos nos cales pretenda facer os asentamentos das alvarizas, así como permisos ou licenzas das obras que pretenda realizar para a colocación das colmeas e/ou de adecuación ou mellora dos accesos, de ser o caso.
  20. Memoria explicativa da realización da transhumancia (resumo e esquema da situación de orixe das colmeas e do destino onde se pretende realizar para a transhumancia e datas probables do movemento), de ser o caso.
  21. Xustificación da exclusividade dos equipamentos para a actividade transhumante, se é o caso.
  22. Xustificación de ter subscrito un seguro de responsabilidade civil mediante a fotocopia dixitalizada da póliza do seguro en vigor onde se especifique o nome do titular, o código REGA da explotación e o número de colmeas aseguradas e o xustificante bancario do seu pagamento.
  23. Documentación que acredite, de ser o caso, o cumprimento dos criterio sinalados para zona desfavorecida, explotación agricultura ecolóxica ou unha cooperativa agrícola:
  • Certificación de Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia que acredite que o solicitante pertence a ela na data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.
  • Certificación do Consello Regulador de Agricultura ecolóxica de Galicia que acredite que o solicitante pertence a el na data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.
  • Certificación da cooperativa apícola que acredite que o solicitante é socio dela na data do 1 de xaneiro da presentación da solicitude.

 

 

Prazo e forma de presentación da solicitude:

  • O prazo de presentación das solicitudes será de 1 mes (dende o 24 de marzo o 24 de abril de 2018).
  • As solicitudes presentáranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

 

 

Para máis información chamar ao teléfono 988402008 e preguntar por Rocío.